un Samaín cheo de sustos en Balaídos

Un armario pechado dende hai anos, micrófonos que comezan a moverse ou un asento deserto. O misterio inunda Balaídos en pleno Samaín da man de Mauro, un «xogador esquecido» cuxo espírito aínda reside no estadio. Esta é a trama escollida polo Celta para un ‘tour’ especial organizado para os máis pequenos na tarde do venres 31 de outubro -ás 18.30 horas- e ao mediodía do 1 de novembro -ás 12.00 h-.
[–>[–>[–>Mauro «era unha gran promesa, pero nunca chegou a debutar» e, pasado o tempo, todo o mundo esqueceu o seu nome, explica o propio club na súa páxina web. Porén, neste 2025, o ex-futbolista celeste vai reaparecer para reencontrarse coa que foi a súa casa, Balaídos, e cos seus afeccionados nunha visita guiada «polos recunchos máis enigmáticos e descoñecidos do estadio».
[–> [–>[–>[–>[–>[–>Os xoves seareiros, xunto coas súas familias, terán a oportunidade de coñecer o campo do Celta entre «risas, sustos e algunha sorpresa», asegura a entidade celeste.
[–>[–>[–>
Cada pase permitirá, alén do paseo por Balaídos, o acceso ao Museo Celta e gozar dunha experiencia inmersiva, cunha duración total estimada de 1 hora e 15 minutos. Ademais, se ofrecerá un detalle como lembranza do día.
[–>[–>[–>Os interesados deberán acceder ao recinto a través da Área Celtista, situada entre as portas 14 e 15, na zona da grada de Marcador. O club pide tamén levar o DNI ou libro de familia para comprobar a idade. As entradas pódense mercar a través deste enlace. Os prezos varían segundo a idade e a dispoñibilidade do Carné Celtista ou de abonado.
[–>[–>[–>
Prezos
Rapaces entre 5 e 15 anos con abono ou Carné Celtista: 9 euros
Maiores de 15 anos con con abono ou Carné Celtista: 15 euros
Rapaces entre 5 e 15 anos sen abono ou Carné Celtista: 13 euros
Maiores de 15 anos con con abono ou Carné Celtista: 22 euros
[–>[–>[–>



